28/5/08

SlideShare | View | Upload your own


E por último como inserir unha presentación

21/5/08

E por riba video!

E por se non tivésemos abondo coas contraseñas, coa dirección do blog e cos hipervínculos entra en escea o VIDEO. Si, como non, tamén se pode inserir vídeo na entrada do blog.




Concretamente este avísanos do perigo de "beber" en horario laboral, e menos nunha mina. O vídeo en cuestión é unha entrevista grabada nunha mina de Siberia despois dun grave accidente presuntamente provocado por estar bébedo algún dos traballadores. O individuo está a desmentir que se beba en horario de traballo.... todo un documento gráfico.

20/5/08

E fíxose o blog

E entre todos foron creando os blog, non sen certos apuros, entre, o nome do autor, o nome do blog e a dirección do mesmo... houbo de todo pero bueno pouco a pouco.
Ninguén dixo que fose doado, todos sabemos que é o que pasa cos contrasinais...

19/5/08

O uso do blog



Que pasou?

Este podería ser un exemplo, ou non, dalgunha das utilidades, usos e "disfrutes" que lle podemos dar á ferramenta de creación de "Blogs".

É algo que está a cambiar os xeitos e modos de comunicación, incluso de ensinanza, de feito se os blogs existisen fai anos, de seguro que dona Pastora o usaría para publicar o rosario e que as súas "nenas" estivesen ocupadas, e ó mesmo tempo afastadas do "demo".